Quen fixo isto?
Esta web é un proxecto persoal de Antonio Rull, Product Manager de profesión con máis de 10 anos de experiencia. A idea xorde da produtización da extracción de datos dunha API do tempo, de buscar un «problema» e atopar unha «solución». É gran parte do traballo dun Product Manager e o que máis me gusta dese rol. Esta web non ten ningún obxectivo comercial, nin sequera cookies de seguimento.
Cando tender a roupa é unha pregunta que me fago eu mesmo cada vez que vou pór a lavadora, sobre todo no outono e no inverno. Non só teño que mirar se está chovendo agora mesmo, tamén se vai chover nas próximas horas. Cantas veces estiveches na rúa, comezou a chover e ti tiñas a roupa tendida? Seguro que che soa, salvo que teñas secadora ou tendas nun sitio cuberto e a abeiro da choiva.
Mediante un algoritmo sinxelo calculo se é o mellor momento para pór a lavadora ou se é mellor que esperes. Se por exemplo agora está chovendo, pero en dúas horas vai parar e non volve chover ata, polo menos, catro ou cinco días, a web dirache a partir de cando podes tender a roupa libremente. O modelo non verifica só se chove agora ou non, tamén se o vai facer no período que tarda a roupa en secar. Explico mellor como funcionan estes cálculos nesta outra páxina.
Escríbeme a este correo se queres poñerte en contacto comigo: info@puedotenderlaropa.com
Créditos
- Fotografías extraídas da API de Unsplash.
- Datos meteorolóxicos, da API de Open-Meteo.
- Iconas da previsión detallada: Uicons.